Sold out no Teatro Coliseo Noela na Sección Oficial da XXII Mostra de Curtas de Noia
A visualización das 60 curtas seleccionadas rematou onte tras seis días de alta intensidade
Diferentes produtores nacionais e internacionais acercáronse ata a sala para presentar as súas obras
Noia, 13 de outubro de 2021
Despois de case unha semana de alta intensidade, con máis dunha decena de proxeccións diarias, a XXII Mostra de Curtas de Noia rematou a noite de onte a súa Sección Oficial. Nesta mesma estiveron presentes máis de 50 representantes de todas as cortas que participaron no festival.
O Teatro Coliseo Noela reuniu nas súas butacas a unha media de más dun centenar de persoas que puideron visualizar as curtametraxes candidatas a levar algún premio este sábado na gran gala final. A calidade das pezas seleccionadas, que tiveron que pasar por un esixente cribado previo entre máis de 1000 producións, farán que o xurado non teña un traballo nada doado nesta edición.
Sendo máxima prioridade para os organizadores do festival que se cumpriran con tódalas medidas de seguridade contra a Covid-19, conseguiron completar durante estes seis días o aforo máximo da sala. Despois de colgar, un ano máis, o cartel de sold out na porta, o festival volveuse a consagrar.
Ata Noia acercouse, para visualizar estas curtametraxes, xente de diferentes lugares do globo. Dende a organización informan de que veu público de todo o territorio nacional e internacional. Entre eles, están asistentes de Chile, Bélxica, Miami, etc. que estiveron presentes na sala para presentar as súas producións.
Finalizada a Sección Oficial, a actividade continúa en Noia con tres proxeccións máis. Esta vez será a quenda das longametraxes: Frágil equilibrio, Cuñados e Negro Púrpura visualizaranse este mércores, xoves e venres, respectivamente.
Finalmente, o certame dirá adeus a esta XXII durante o día do sábado. Como colofón ó festival, o Teatro Coliseo Noela vístese coas súas mellores galas para presentar a gran gala final do concurso, onde se poderán coñecer as curtas gañadoras de todas as presentadas durante estes días. Tamén nesta data se fará entrega a Rosario Pardo do premio honorífico desta edición.