A Mostra de Curtametraxes Vila de Noia nace promovida polo Concello e un grupo de mozos con inquietudes no mundo audiovisual, que o converteron nun acontecemento de extraordinaria relevancia cultural e cinematográfica.
A Mostra consiste nunha selección de cintas que pola súa variedade temática atrae a atención de numeroso público. O criterio seguido para confeccionar o programa ofertado procura mesturar sempre a calidade con orixinalidade que proporcionan as últimas tendencias cinematográficas.
A Mostra de Curtametraxes Vila de Noia, leva a cabo no Teatro Coliseo Noela. Un edificio do ano 1921 remodelado recentemente. Permite acomodar, no patio de butacas e nos seus dous anfiteatros a máis de 250 espectadores, e está dotado cos medios técnicos necesarios para este tipo de eventos.